Ir o contido principal

O prazo para solicitar as bolsas de verán do CiTIUS remata o 2 de maio

O prazo para solicitar as bolsas de verán do CiTIUS remata o 2 de maio
O prazo para solicitar as bolsas de verán do CiTIUS remata o 2 de maio
As bolsas de verán son axudas de inicio á investigación dirixidas a estudantes de grao que desexen comezar a súa actividade científica no centro

Por terceiro ano consecutivo, o CiTIUS convoca o seu programa de bolsas de verán, con 10 axudas de inicio á investigación dirixidas a estudantes de grao que desexen comezar a súa actividade científica no centro. As estadías, que se desenvolverán durante o mes de xullo, están dotadas con 700 euros e inclúen unha axuda económica destinada a gastos de viaxe para as persoas non residentes en Compostela.

Os estudantes seleccionados integraranse nun proxecto de investigación desenvolvido no marco dalgún dos Programas Científicos do centro, a través do que poderán aproximarse ás últimas tecnoloxías relacionadas con Big Data, visión artificial ou os avances máis recentes no campo da robótica. Ademais, terán a posibilidade de participar en distintas actividades organizadas polo CiTIUS, como conferencias impartidas por investigadores de prestixio ou ciclos formativos.

As persoas candidatas deberán ter finalizado o terceiro curso do grao en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación, Matemáticas, Física ou disciplinas afíns, ou ben ter superado 140 créditos cunha nota media igual ou superior a 8,0. A documentación terá que remitirse antes do 2 de maio a citius.idi [at] usc.es (citius[dot]idi[at]usc[dot]es) indicando no asunto ‘Bolsas de verán’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2017.