Ir o contido principal

Premian ao grupo do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas por un estudo sobre fragrancias alerxénicas en augas de baño de bebés

O grupo do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas (LIDSA) do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC acaba de ser recoñecido co Premio do Club de Usuarios de SPME que patrocina Sigma-Aldrich en España na súa cuarta edición. Con este recoñecemento destacouse un dos traballos do grupo, centrado na determinación de fragrancias alerxénicas en augas de baño de bebés e que foi cualificado como publicación de vangarda no Analytical and Bioanalytical Chemistry, tendo unha ampla repercusión científica e social ao poñer de manifesto as altas concentracións de alerxenos ás que se ven sometidos os bebés durante o baño. O galardón destaca o labor de investigadores españois no campo da Microextracción en Fase Sólida (coñecida polas súas siglas en inglés, SPME), técnica analítica revolucionaria inventada hai agora 20 anos polo profesor de la Universidade de Waterloo (Canadá) Janusz Pawliszyn e considerada como un dos fitos do século no eido da Química Analítica. O propio Pawliszyn entregou o premio a Juan Pablo Lamas que realiza a súa tese de doutoramento baixo a dirección das doutoras Llompart e García-Jares. O premio recoñece o alto nivel científico deste grupo, cuxos membros manteñen unha longa e firme traxectoria no desenvolvemento de novos métodos de preparación de mostra e análise baseados en técnicas analíticas sustentables nas que se elimina ou minimiza o uso de disolventes contaminantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2010.