Ir o contido principal

Premio para a USC da Real Academia Nacional de Medicina de España

Premio para a USC da Real Academia Nacional de Medicina de España
Premio para a USC da Real Academia Nacional de Medicina de España
O profesor Alejandro Sánchez recolle o galardón este martes en Madrid

O profesor da USC Alejandro Sánchez Barreiro, recentemente recoñecido co premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias, viaxa este martes a Madrid para recoller o premio Conde de Cartagena de investigación libre 2018 que anualmente concede a Real Academia Nacional de Medicina de España.

Nesta ocasión o galardón concédeselle polo traballo ‘Un caso de éxito en el proceso de transferencia de tecnología dirigido al desarrollo de nuevas terapias’, realizado conxuntamente co investigador Jesús Álvarez Trabado e que se refire ao caso concreto da empresa biotecnolóxica Agrenvec, a quen o grupo de investigación da USC lle transferiu en 2015 a licencia de patente dun nanosistema para encapsular sustancias e cedelas de forma prolongada ao longo do tempo. A empresa, con sede en Madrid, valorizará e madurará a tecnoloxía recollida na patente para desenvolver os produtos que estime.

Trátase de nanosistemas moi versátiles e de custe axeitado para o seu desenvolvemento industrial, xurdidos en orixe da investigación de Alejandro Sánchez e Begoña Seijo, falecida prematuramente e a quen o profesor da USC lle dedicará o premio, que foran probadas para diferentes aplicacións como nanovacinas e tratamento oftalmolóxico, e que deron lugar a sendas familias de patentes.

No ano da transferencia da licencia de patente a USC foi recoñecida como a Universidade pública española con maior número de solicitudes de patente de invención en nanotecnoloxía en campos tan variados como a nanomedicina ou o desenvolvemento de novos nanomateriais”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2019.