Ir o contido principal

Premios aos mellores traballos fin de grao e mestrado sobre igualdade de xénero

Os tres reitores asinaron un convenio coa Valedora para a creación dos premios
O premio estará aberta ao conxunto da comunidade do SUG. Foto: Santi Alvite
As tres universidades galegas asinaron un convenio coa Valedora do Pobo para a convocatoria destes premios cuxa cuantía e número de galardóns se determinará anualmente
Lugo, Santiago de Compostela

Os premios anuais Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao e de mestrado de alumnado universitario galego distinguirán aquelas propostas merecedoras dun especial recoñecemento en materias relacionadas coa igualdade efectiva de mulleres e homes. O reitores Antonio López, Julio Abalde e Manuel Reigosa, asinaron este luns un convenio de colaboración coa valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, para a creación do galardón.

Os premios distinguirán aqueles traballos que destaquen pola súa claridade orixinalidade, definición do seu obxecto, pertinencia e relevancia, metodoloxía da investigación utilizada, análise de resultados, aspectos formais do traballo e proxección que poida acadar no ámbito da igualdade de dereitos de mulleres e homes, entre outros. Anualmente realizarase unha convocatoria na que se establecerás o número de premios e as contías que corresponderán tanto ao de grao (TFG) como aos de mestrado (TFM).

Inicialmente, o acordo terá unha vixencia inicial dun ano pudendo renovarse anualmente ata un máximo de catro anualidades.

De esquerda a dereita, Manuel Reigosa, María Dolores Fernández, Antonio López e Julio Abalde
Os tres reitores asinaron un convenio coa Valedora para a creación dos premios. Foto: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2019.