Ir o contido principal

Seis Premios Nacionais Fin de Carreira de Educación Universitaria correspondentes ao curso 2009-2010 pertencen á USC

Seis titulados e tituladas pola Universidade de Santiago de Compostela figuran entre os Premios Nacionais Fin de Carreira de Educación Universitaria correspondentes ao curso 2009-2010. O Ministerio de Educación convoca estes galardóns co fin de distinguir ao alumnado de todo o Estado que cursara con maior brillantez os seus estudos universitarios. De entre todos os premiados da institución docente compostelá destaca a lucense Sharay Astáriz Núñez, enxeñeira técnica industrial que acadou un dos quince Premios Nacionais concedidos na área de Enxeñaría e Arquitectura. Na actualidade Sharay está contratada na Escola Politécnica Superior de Lugo. Acadaron mencións o licenciado en Física Guillermo Indalecio, na Área de Ciencias; o diplomado en Enfermaría Miguel Ángel Vázquez, en Ciencias da Saúde; e o licenciado betanceiro en Economía Pedro Varela, na área de Ciencias Sociais e Xurídicas, actualmente investigador no Departamento de Economía Aplicada onde está realizando a súa tese de doutoramento sobre as políticas públicas e o impacto económico do sector da enerxía eólica en Galicia. Os accésits correspondéronlle á licenciada en Farmacia Victoria Martínez e á enxeñeira técnica industrial Ángela Vázquez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2013.