Ir o contido principal

Presentación das actividades conmemorativas do Ano Darwin na USC

‘Darwin e a evolución’ é o lema do ciclo de actividades co que a USC se sumará en 2009 á conmemoración do Ano Darwin, incluíndo múltiples conferencias, mesas redondas, ciclos de cine e música e unha exposición na que se afondará na incidencia do pensamento evolutivo en Galicia.
Esta programación exporase en detalle nunha rolda de prensa este mércores 11 coa presenza do vicerreitor de Cultura, Elías Torres, acompañado dos decanos da facultades de Medicina e Bioloxía, José Mª Fraga e Jaime J. Gómez, respectivamente; do catedrático de Edafoloxía e Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica, Francisco Díaz-Fierros e a coordinadora de Apoio á Investigación nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, Helena de Carlos.
A rolda celebrarase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2009.