Presentación dos actos conmemorativos do Ano Rodríguez Cadarso na USC
A edición dun libro conmemorativo, unha exposición, un cadro e unha xornadas son algunhas das iniciativas que a USC porá en marcha con motivo da celebración do Ano Rodríguez Cadarso. O vicerreitor de Cultura, Elias Torres, dará conta este martes 11 en rolda de prensa das distintas iniciativas programadas.
A presentación celebrarase na Sala de Prensa a partir das 11:00 horas coa presenza de Ricardo Gurriarán e Manuel Bermejo, coordinadores das distintas actividades.
Alejandro Rodríguez Cadarso (1887-1933), impulsor do desenvolvemento do campus sur compostelán e da residencia de estudantes, foi catedrático de Anatomía na Universidade compostelá, tarefa que compaxinou co seu labor como deputado pola Organización Republicana Galega Autónoma durante a República.