Ir o contido principal

Presentación dos actos de Harold Varmus, Premio Nobel de Medicina 1989, na súa visita á USC

Pronunciará unha conferencia e reunirase con investigadores galegos

Unha das maiores autoridades científicas mundiais na investigación do cancro, Harold Elliot Varmus, abrirá esta semana en Santiago a edición de 2008 do programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago en colaboración co Consorcio e a Fundación Caixa Galicia. Varmus, hoxe presidente do Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de Nova York, ofrecerá este xoves unha conferencia e o venres reunirase con investigadores galegos do eido da oncoloxía.
Os actos en Santiago do Premio Nobel de Medicina en 1989 explicaranse este mércores, día 21, nunha rolda de prensa na que participarán o reitor da USC, Senén Barro; o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o director do Centro de Investigación Económica e Financiera da Fundación Caixa Galicia, Alberto Meixide; e o coordinador de ConCiencia e profesor da USC, Jorge Mira. O acto será ás 11:15 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2008.