Presentación da canle de ensaios Ola-Corrente para o estudo de barreiras de contención en vertidos de hidrocarburos
A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo acolle este xoves, ás 12:00 horas, a presentación dunha nova instalación científica, que permite realizar ensaios de modelos físicos a escala de estruturas portuarias e costeiras e de equipos marítimos.
En próximas datas vanse ensaiar con esta tecnoloxía barreiras flotantes de contención de hidrocarburos en diques en talude, diques verticais ou espigóns así como o sistema de xeración de enerxía do oleaxe WAVECAT. Con este equipamento, a EPS do campus de Lugo convértese no segundo centro de España en dispoñer desta infraestrutura.