Presentación da I Carreira Popular Campus Terra da USC

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este martes 7 de novembro, ás 11.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Lugo, a I Carreira Popular Campus Terra da USC, unha cita deportiva que se desenvolverá o vindeiro 26 de novembro e que coincide coa III Carreira Universitaria Galaico-Duriense contra a Droga.
O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos; o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o director do Servizo de Deportes da USC, Miguel Magán; o presidente da Federación Galega contra o Narcotráfico, Fernando Alonso, e Jesús García, en representación do grupo Leche Río, e o delegado de CCEP, Raúl Centelles, tamén participarán na presentación desta cita deportiva, promovida pola USC en colaboración co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, Federación Galega de Atletismo, Fundación Galega contra o Narcotráfico, grupo Leche Río, Coca Cola e grupo El Progreso.