Ir o contido principal

Presentación do Centro de Documentación para a Vida Independente

A posta en marcha do Centro de Documentación para a Vida Independente (CEDOVI) presentarase aos medios de comunicación este xoves 17 nun acto que contará coa asistencia do reitor da USC, Senén Barro; a secretaria xeral de Benestar Social, Susana López; o presidente de VIGalicia, José Antonio Novoa Romay, e Juan José de Santiago, director territorial de Vodafone en Galicia. A presentación celebrarase a partir das 11:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
O CEDOVI terá como principal cometido contribuír a difundir o cambio de paradigma na forma de abordar o fenómeno social da diversidade funcional. Trátase dun proxecto que naceu a partir dunha idea da Asociación Vida Independente en Galicia (VIGALICIA), que contactou co Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC para desenvolver un dispositivo dentro do espazo universitario que constituíse unha ferramenta de coñecemento comprometida no tratamento do fenómeno social da discapacidade e da vida independente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2009.