Ir o contido principal

Presentación do ciclo de conferencias e concertos que conmemora o terceiro centenario do falecemento do compositor Frei José de Vaquedano

En 2011 cúmprese o terceiro centenario do falecemento dun dos grandes compositores do barroco español, Frei José de Vaquedano. Con este motivo, a USC e o Museo do Pobo Galego organizan un ciclo de conferencias e concertos vinculados á celebración do 800 aniversario da consagración da catedral de Santiago e ao Ano da Música. O programa preséntase este venres 23, ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, nunha rolda de prensa na que participarán o vicerreitor de Cultura, Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán; o director do Museo do Pobo Galego, Carlos García; e o responsable académico do ciclo, o profesor da USC Carlos Villanueva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2011.