Ir o contido principal

Presentación das convocatorias de probas de selección de integrantes para o Coro Universitario, para o Espazo de Cámara e para a Aula de Teatro

O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, presentará este xoves 29 os detalles da convocatoria de probas de selección de integrantes para o Coro Universitario, para o Espazo de Cámara e para a Aula de Teatro. A presentación celebrarase na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca a partir das 12.00 horas, coa presenza ademais do director da Área de Cultura, Pablo Sampedro; o director do Coro, Miro Moreira; o do Espazo de Cámara, Mario Diz; e o da Aula de Teatro, Roberto Salgueiro. Nesta comparecencia ante os medios de comunicación darase conta ademais doutras actividades formativas asociadas a estes espazos creativos que se desenvolverán ao longo deste curso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2011.