Ir o contido principal

Presentación do ebook A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios

En novembro de 2010 desenvolvéronse na USC as II Xornadas Educación e Linguas en Galicia dedicadas á planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Os diversos relatorios presentados recóllense nun ebook que se presentará en rolda de prensa este mércores, 1 de febreiro.

Na presentación, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, intervirán a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés; e Bieito Silva, un dos coordinadores da publicación xunto con Xesús Rodríguez e Isabel Vaquero.

As actas das primeiras xornadas ‘Educación e Linguas en Galicia’ conformaron en 2011 o primeiro ebook editado pola Universidade de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2012.