Presentación da segunda edición do curso de Experto en Construción Sostible
O Campus de Lugo celebrará no mes de outubro a segunda edición do curso de Experto en Construción Sostible, que está dirixido polo profesor Manuel Luis Torres Labandeira e organizado pola USC e o Grupo Vilares.
A presentación deste curso, que terá lugar o xoves 3 ás 12:30 horas na sala de prensa da Vicerreitoría de Lugo, estará a cargo do vicerreitor de Infraestruturas, Xoan Carlos Carreira Pérez; o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno; do director xeral e administrador do Grupo Vilares, Carlos Vilares, e do propio director do curso.