Ir o contido principal

Presentación do encontro ‘Rural imaxinado. Do presente ao futuro porvir’

Organízaa a rede ReVOLTA de investigación en Agroecoloxía e Historia composta por varios grupos de investigación galegos

O medio rural é o protagonista do encontro ‘Rural imaxinado. Do presente ao futuro porvir’ e que tentará tecer un espazo de discusión crítica que permita pensar alternativas que se están dando ou poden producirse para o espazo rural para que este siga sendo un lugar cheo de vida.

O catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto e o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, presentarán o encontro nunha rolda de prensa o luns 28 ás 11.30 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia.

Este encontro está impulsado pola rede Revolta (Do Rural que foi ao Rural que vén: reVoltando a Terra. Pasado e futuro dunha Agricultura Sustentable) no que conflúen sete grupos de investigación que, en Galicia e dende ámbitos disciplinares diversos (economía ecolóxica, historia ambiental, enxeñaría rural e ordenación do territorio, ou economía agraria) estudan problemáticas actuais do medio rural e formulan propostas de futuro para o seu manexo sustentable. O encontro celebrarase en Lalín o próximo 13 de novembro. Actualmente está aberto o prazo para a presentación de relatorios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2015.