Ir o contido principal

Presentación dun estudo sobre o patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e América Latina

O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá este martes 12 ás 12.00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a presentación do libro Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México.

A publicación recolle os resultados dun estudo coordinado pola USC e no que participaron outras dúas universidades de México (Autónoma de Chiapas e Universidad del Mar) no marco dunha convocatoria competitiva internacional auspiciada pola Fundación EU-LAC (Fundación Unión Europea-América Latina y el Caribe) que ten como obxectivo identificar novos temas relevantes para as relacións entre os países da Unión Europea e de América Latina.

A presentación contará tamén coa participación da decana da Facultade, Emilia Vázquez Rozas; o profesor da USC e director do estudo, Óscar Rodil; a coordinadora do programa Explora da Fundación EU-LAC, Anna Barrera; e o profesor da UNACH (México) e coautor do libro, Jorge A. López Arévalo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.07.2016.