Presentación do estudo das tendencias do consumo que realizará a Aula de Produtos Lácteos de Lugo
A Aula de Produtos Lácteos de Lugo realizará a partir deste mes un estudo das tendencias do consumo e o grao de aceptación ou preferencia de determinados produtos por parte dos consumidores. Para levar a cabo o mesmo realizará unha campaña que se presentará este martes 2 de setembro na sede da APL, situada no edifico do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.
A presentación desta iniciativa terá lugar en rolda de prensa, ás 11:30 horas, a cargo do director da APL, Juan Méndez Dónega, e a responsable do Laboratorio de Propiedades Físicas da Aula de Produtos Lácteos, Raquel Baixauli Muñoz.