Presentación da segunda fase de inscrición do Proxecto Europracticum II
O Consello Social e a Área de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo da USC presentan en roda de prensa este martes, día 27, a segunda fase de inscrición do proxecto EUROPRACTICUM III (2006-2008), enmarcado dentro dos programas de mobilidade Leonardo da Vinci da Comunidade Económica Europea.
Á presentación, que terá lugar no Salón de Plenos do Consello Social (Casa da Concha. Rúa da Conga) ás 12.30 horas, acudirán o secretario do Consello Social, José Benigno Carril Pérez, e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre.