Ir o contido principal

Presentación en Historia de dous volumes do grupo de investigación Hispona da USC

Presentación en Historia de dous volumes do grupo de investigación Hispona da USC
Presentación en Historia de dous volumes do grupo de investigación Hispona da USC

O grupo de investigación Hispona da USC presenta este martes 8 ás 13.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia dous libros publicados no estranxeiro por profesores da Universidade compostelá.

Trátase de A Balancing Act: British Intelligence in Spain during the Second World War, de Emilio Grandío Seoane e publicado por Sussex Academic Press en Eastbourne en 2017; e War Veterans and the World after 1945: Cold War Politics, Decolonization, Memory, editado por Xosé M. Núñez Seixas e Ángel Alcalde e publicado en Londres por Routledge en 2018. Na presentación estarán presentes os tres autores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2018.