Ir o contido principal

Presentación da homenaxe da USC a Voces Ceibes

A USC homenaxeará ao grupo Voces Ceibes con motivo do 40 aniversario do seu primeiro concerto en 1968 na Facultade de Medicina de Santiago. Os detalles desta homenaxe, na que tamén se descubrirá unha placa dedicada aos membros da comunidade universitaria represaliados durante o franquismo, presentaranse en rolda de prensa este mércores 3 na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca a partir das 11:00 horas.
Na presentación aos medios de comunicación intervirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o coordinador dos actos, Ricardo Gurriarán; e Víctor Santidrián, en representación da Fundación 10 de Marzo.
O concerto homenaxe e o descubrimento da placa celebraranse o vindeiro xoves 4 coa asistencia, entre outros, do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e o seu homólogo do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2008.