Ir o contido principal

Presentación no Ibader dos resultados do estudo biolóxico e xenético de mellora do porcino na comarca do Deza

O profesor do Departamento de Anatomía e Produción Animal da USC na Facultade de Veterinaria e coordinador do grupo de investigación Recursos zooxenéticos e as súas producións, Antonio Iglesias Becerra, presentará este xoves, ás 12.00 horas, na Aula Luciano Sánchez García do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), os resultados do estudo biolóxico e xenético de mellora do sector porcino na comarca do Deza.

A directora do Ibader, Elvira López Mosquera; o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Crespo; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Ramón Losada, tamén intervirán na presentación dos datos deste estudo de investigación, desenvolvido no marco do proxecto Depodeza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2015.