Presentación do IV Europracticum para titulados
Sesenta titulados ou tituladas da USC poderán beneficiarse de bolsas para realizar prácticas profesionais en empresas e institucións da Unión Europea durante os anos 2008 a 2010. O Europracticum destínase aos que obtiveran a súa titulación de xaneiro de 2004 a febreiro de 2009.
A cuarta convocatoria deste programa presentarase en rolda de prensa este luns, 3 de novembro, ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Intervirán o vicerreitor de relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro; e o secretario executivo do Consello Social, Beningno Carril.