Presentación do libro La dieta atlántica. El pescado y las algas. Su importancia en el neurodesarrollo y la función cerebral
A Fundación Dieta Atlántica da USC acaba de editar o libro La dieta atlántica. El pescado y las algas. Su importancia en el neurodesarrollo y la función cerebral, da autoría dos profesores Rafael Tojo e Rosaura Leis. A obra presentarase este venres 19 ás 11:30 horas no Salón Reitoral de San Xerome nun acto no que ademais dos autores participará o reitor da USC, Senén Barro.
No libro faise unha rigorosa revisión da evidencia científica sobre un área tan transcendente para a saúde como é o desenvolvemento e a función cerebral e as súas patoloxías durante todo o ciclo vital a través do estudo dalgunhas das excepcionais propiedades dos máis xenuínos produtos da Dieta Atlántica, os produtos do mar.