Presentación do libro de Enric Trillas El desafío de la creatividad
“Crear require, ademais de inducir, o entusiasmo persoal por crear algo novo, relevante e rompedor, así como asombrarse previamente polas novas preguntas e as posibles respostas ás mesmas”. Estas é unha das ideas coas que Enric Trillas conclúe o seu libro El desafío de la creatividad, obras que o autor presentará este mércores 11 nun acto ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Na presentación aos medios de comunicación, presidida pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, intervirán ademais do autor o prologuista do volume, o ex reitor Senén Barro, e o director do Servizo de Publicación, Juan Blanco Valdés.
El desafío de la creatividad preséntase como “unha viaxe intelectual arredor do mundo da creatividade dende unha visión da mesma pegada ao razoamento non dedutivo ordinario, concretamente á obtención das conxecturas chamadas ‘especulacións’”. Enric Trillas foi catedrático das universidades politécnicas de Catalunya e de Madrid, investigador emérito do European Centre for Soft Computing e actualmente profesor emérito da Universidade de Oviedo. Ademais é doutora honoris causa pola USC. É autor de catrocentos artigos en revistas, actas de congresos e obras colectivas e dunha ducia de libros e está considerado o introdutor da lóxica borrosa en España.