Presentación do libro 'Historia da Física na Universidade de Santiago de Compostela'
O libro Historia da Física na Universidade de Santiago de Compostela tenta dar “testemuño de todos aqueles que dalgunha maneira teñen axudado a conseguir a Facultade de Física da que dispoñemos hoxe en día”. Así o fai constar a decana deste centro compostelán , Mª Ángeles López Agüera, no arranque deste volume que se presenta o vindeiro mércores, día 9.
A presentación desta obra de Rafael C. Sisto Edreira e María Luisa Losada Sanmartín desenvolverase nun acto previsto ás 12:00 horas na Aula Magna deste centro compostelán, presidido polo vicerreitor de Profesorado e Organización Académica, Juan Viaño. Esta publicación, ademais dun percorrido pola historia da Física en Compostela e Galicia, propón tamén un inventario de pezas científicas que forman parte do museo da Facultade.