Ir o contido principal

Presentación do libro Violencia de género y Justicia

A Sala de Prensa do Colexio de Fonseca acolle este xoves 30 a presentación do libro ‘Violencia de género y Justicia’, froito do traballo de profesionais de áreas de investigación e ámbitos diversos como a medicina, a psicoloxía, a maxistratura, a fiscalía ou os ámbitos penal e procesual que abordan temas de estrita actualidade como as construcións sociais vinculadas á violencia de xénero ou a problemática relación coas medidas cautelares. Á presentación, ás 11.30 horas, asisten o reitor da USC, Juan Casares Long; a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva Hermo; a directora da publicación, a profesora da USC Raquel Castillejo Manzanares; e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2013.