Ir o contido principal

Presentación do libro 'Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións'

A obra foi editada polo Servizo de Publicación co apoio da Vicerreitoría de Cultura e a colaboración da Asociación Galega de Guionistas

O libro Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións, cuxa edición coordinaron os profesores Xosé Nogueira e Anna Amorós, preséntase este martes, día 6, nunha roda de prensa a celebrar a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Esta publicación foi editada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC co apoio da Vicerreitora de Cultura e a colaboración da Asociación Galega de Guionistas (AGAG).
Á presentación da obra asistirán o vicerreitor de Cultura, Elías J. Torres; o director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre Galiana; o presidente da Asociación Galega de Guionistas, Xosé Henrique Rivadulla Corcón; e a encargada da edición, Anna Amorós.
Esta obra recolle as distintas sesións celebradas ao abeiro dos obradoiros de cine impartidos ao longo do bienio 2003-2005 dentro dos cursos de formación audiovisual que organiza a AGAG baixo a denominación de ‘Xoves, sesión continua’. Nesta edición atópase a contribución realizada por especialistas como Luis Hueso, José Mª Folgar de la Calle, Xosé Nogueira, Anna Amorós, Juan A. Hernández Les, Charo Lacalle, José Chavete, Carlos A. López Piñeiro Ou Mª Olga Fontán, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2007.