Ir o contido principal

Presentación en Lugo do concerto de Vaamonde, Lamas & Romero dentro do ciclo Lubicán 2012

O trío de música tradicional tocará temas do seu último traballo, O tambor de prata

O ciclo de concertos Lubicán 2012, organizado pola USC en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo, continúa cun novo recital o xoves 8 a cargo do trío Vaamonde, Lamas & Romero. O grupo composto por Suso Vaamonde (gaita, pandeireta, triángulo e voz), Pedro Lamas (saxo e voz) e Xosé Lois Romero (acordeón e voz) incluirá no repertorio temas do seu último traballo, O tambor de prata. A rolda de prensa de presentación do concerto terá lugar o mércores 7, ás 12.30 horas, no edificio da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, e nela participan Antón Bao, tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo; Mario Outeiro, deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo; Pedro Lamas, integrante do grupo; e Pedro García Herradón, vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. O concerto será ás 20.30 horas no auditorio Gustavo Freire de Lugo, e a entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala. O ciclo de concertos Lubicán, que se seguirá desenvolvendo ata finais de ano, encádrase dentro da oferta do programa Lugo Cultural 2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2012.