Ir o contido principal

Presentación da novela «Dor pantasma» de Alberto Ramos, estudante de Xornalismo

O mércores 14, ás 17:00 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación

Dor pantasma, a novela gañadora da 2ª edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia, da que é autor o estudante de segundo de Xornalismo na USC Alberto Ramos, presentarase este mércores día 14, ás 17:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, nun acto aberto para todos os estudantes da Facultade e para o público en xeral.
O novo autor Alberto Ramos estará acompañado na presentación da súa obra polo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Miguel Túñez, polo presidente de Pazos de Galicia, Xavier Goyanes e o editor, Tucho Calvo.
A desaparición dunha moza de Cangas do Morrazo sen razóns coñecidas e o baleiro que deixa na súa familia, nos amigos e no conxunto da sociedade centran o argumento de desta novela editada por Biblos, en galego e en castelán

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2007.