Ir o contido principal

Presentación dos Premios á Calidade e á Excelencia Lingüística da USC

No mesmo acto entregarase o Premio á Excelencia Lingüística na USC na súa segunda convocatoria

As bases do V Premio á Calidade Lingüística e do III Premio á Excelencia Lingüística da USC presentaranse este venres 12 en rolda de prensa. No mesmo acto o estudante de Dereito Miguel Vieito Villar recibirá o Premio á Excelencia correspondente ao pasado curso académico polo seu traballo Lei do imposto galego sobre as especies do eucalipto realizado para a materia ‘Dereito financeiro autonómico e local’.
A presentación celebrarase a partir das 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca coa asistencia da secretaria xeral da USC, Isabel Garcia-Rodeja, que estará acompañada do director do Servizo de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala, e da responsable da Área de Dinamización Lingüística deste servizo, Isabel Vaquero.
Con esta convocatoria, a USC a través dos once centros que xa decidiron sumarse á iniciativa pretende fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o seu alumnado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2008.