Presentación do Programa 2007-2008 'Voluntariado da Universidade con Nacións Unidas'
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro Rodríguez, e a voluntaria Marta López Sobrado presentarán este martes, día 24, ás 12:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría, o programa de voluntariado da USC con Nación Unidas para o curso académico 2007-2008.
A alumna Marta López falará sobre as súas experiencias como voluntaria, tras ser seleccionada dentro desta iniciativa por Nacións Unidas, para viaxar a Guatemala e colaborar nun programa de seguridade alimentaria.