Presentación do programa do 2º Congreso Internacional de Educación Superior en Ciencias Farmacéuticas
O 2º Congreso Internacional de Educación Superior en Ciencias Farmacéuticas reunirá en Santiago a vindeira semana a preto de 150 especialistas procedentes de universidades de toda España así como de Brasil, Chile, Francia, México e Portugal. O encontro permitirá compartir experiencias, metodoloxías docentes e estratexias desenvolvidas nas distintas Facultades de Farmacia de Europa de cara á adaptación destes estudos aos Espazo Europeo de Educación Superior.
O programa do congreso presentarano en rolda de prensa o presidente do Comité Organizador, o profesor Juan Torres-Labandeira, acompañado polos tamén profesores da USC Mariana Landín e Manuel López-Rivadulla. A presentación celebrarase a partir das 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
As intervencións que se presentarán aos longos dos tres días de encontro profundarán en cuestións relacionadas coas particularidades do Espazo Europeo de Educación Superior, coas metodoloxías para o cambio en educación superior farmacéutica e con experiencias docentes neste ámbito.