Ir o contido principal

Presentación do programa de actividades conmemorativas dos 50 anos da Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia

O reitor Juan Casares e a catedrática de Dereito Civil María Paz García Rubio presentarán este mércores 10 o programa de actividades organizado co gallo da conmemoración dos 50 anos da Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia. A presentación comezará ás 11.15 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca e asistirá ademais o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón. A publicación da Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia de 2 de decembro de 1963 supuxo a consolidación lexislativa dun Dereito que ata entón só se puido manifestar a través do costume. A súa existencia no momento de entrada en vigor da Constitución de 1978 significou que Galicia quedaba enmarcada entre as comunidades autónomas ás que a lei fundamental outorgaba competencias lexislativas en materia de conservación, modificación e desenvolvemento do seu Dereito propio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2013.