Ir o contido principal

Presentación do programa Conciencia 2011 e da cerimonia de entrega do Premio Fonseca a Roger Penrose

O programa ConCiencia de divulgación científica propón para os vindeiros meses de novembro e decembro dúas novas conferencias que, sumadas á de xuño do Premio Nobel de Medicina Richard Roberts, completarán a programación correspondente a este ano 2011. Nesta ocasión visitarán Santiago un Nobel de Química e outro de Física cuns programas que avanzarán en rolda de prensa este xoves 13 o reitor da USC, Juan casares; o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa; e o profesor da USC e responsable de ConCiencia, Jorge Mira. A presentación será ás 10.00 horas na sede do Consorcio da cidade (Rúa do Vilar, 59). No mesmo acto anunciarase a cerimonia en datas vindeiras de entrega do Premio Fonseca a Roger Penrose.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2011.