Presentación do programa do III Congreso Internacional de Historia e Cine dedicado ao estudo dos modelos de interpretación para o cine histórico
O catedrático de Historia do Cine da USC, Luis Hueso, presentará este venres 7 en rolda de prensa o programa do ‘III Congreso Internacional de Historia e Cine: modelos de interpretación para o cine histórico’, que reunirá a expertos internacionais neste eido entre os días 3 e 5 de novembro na USC, e entre os que atopa o director Bertrand Tavernier. A presentación en rolda de prensa comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Esta é unha acción formativa que coordina o propio profesor Hueso e no que tamén participan na organización docentes das universidades de Barcelona, Carlos III de Madrid e Santiago, así como do proxecto de investigación ‘Modelos de Interpretación en el cine histórico español’.