Presentación do programa do XV Festival Internacional de Teatro Universitario da USC
Sete compañías de España, Brasil, Rusia, Lituania e Porto Rico porán en escena as súas funcións no XV Festival Internacional de Teatro Universitario organizado pola Vicerreitoría de Cultura da USC entre os próximos 23 e o 27 de marzo.
O programa previsto para Santiago presentarano en rolda de prensa este mércores 18 o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; o director da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro; e o director da Área de Cultura, Pablo Sampedro. A presentación celebrarase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.