Ir o contido principal

Presentación da programación da Universidade de Verán da USC para 2012

A Universidade de Verán da USC ofertará este ano un total de 34 cursos, que se impartirán nos campus de Santiago e Lugo así como en outras nove localidades de toda Galicia. Os principais detalles desta nova convocatoria dos cursos de verán da USC 2012 presentaranos en rolda de prensa este mércores 9 o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o director da Área de Cultura, Pablo Sampedro. A presentación comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na anterior edición da Universidade de Verán matriculáronse máis de 1.500 alumnos/as que participaron nalgún dos preto de corenta cursos ofertados en 2011 cunha distribución xeográfica similar a deste ano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2012.