Ir o contido principal

Presentación dos Programas Oficiais de Posgrao da USC para o vindeiro curso

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo, presentarán este venres, día 29, en roda de prensa a oferta de Programas Oficiais de Posgrao (POP) para o vindeiro curso académico 2007-08. A presentación desenvolverase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Os Programas Oficiais de Posgrao son os estudos que, enmarcados no Espazo Europeo de Educación Superior, conducen á obtención dos títulos de Máster e Doutor, sendo un paso máis no avance cara ao proceso de converxencia educativa europea. Para o vindeiro curso a USC oferta un total de dezanove POP, dez deles novos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2007.