Ir o contido principal

Presentación do proxecto realizado por investigadores da EPS para a elaboración dun modelo tridimensional virtual do Castro de Formigueiros

Os profesores da Escola Politécnica Superior de Lugo Juan Ortiz e Mariluz Gil presentarán este mércores 17 o novo proxecto no que está a traballar o seu grupo de investigación, que consiste na elaboración dun modelo tridimensional virtual do Castro de Formigueiros, para o que utilizan o Fotoescanner, unha técnica novidosa que se emprega por primeira vez en Galicia e que aínda non foi presentada en España.
O acto de presentación terá lugar ás 12:00 horas no propio castro, situado a tres quilómetros da estrada que comunica as localidades de Samos e Sarria (saída en Castrocans dirección Santa Cruz do Incio/Val do Mao). Tamén estarán presentes o xefe de sección de Arqueoloxía da Consellaría de Cultura, Gonzalo Meijide Cameselle, e o delegado provincial de Cultura, Xoán Xosé Molina, que representan a entidade que encargou o proxecto.
Os investigadores realizarán durante toda a xornada a medición do castro e as probas necesarias para o posterior traballo informático.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2008.