Ir o contido principal

Presentación do quinto número da revista Quintana dedicada a Arte e pensamento político

O número 5 da revista Quintana do Departamento de Historia da Arte da USC será obxecto de presentación pública este mércores, día 9, nun acto a celebrar a partir das 13:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Intervirá a profesora e directora da publicación María Luisa Sobrino Manzanares.
Quintana propón neste novo volume aproximacións ás relacións entre arte e pensamento político dende a época medieval ata a contemporaneidade, recollendo escenarios e medios de expresión do máis diverso a través de colaboracións de destacados especialistas como Lawrence Nees, Alfredo Vigo Trasancos, Nicos Hadjinicolaou, Valeriano Bozal, Benedetto Gravagnuolo, Ángel Luis Hueso e Gemma Pérez Zalduondo. Como en números anteriores, a revista contén ademais seccións fixas como Colaboracións, Escritos dedicado nesta ocasión a Valle-Inclán, Feitos e tendencias e Reseñas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2007.