Ir o contido principal

Presentación dos resultados de investigación da Universidade de Santiago correspondentes ao ano 2007

Os resultados da actividade investigadora da Universidade de Santiago de Compostela correspondentes ao pasado ano 2007 presentaranse este xoves, día 11, ás 12:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Na roda de prensa intervirán o reitor, Senén Barro, e a vicerreitora de Investigación e Innovación, Mª José Alonso Fernández, que farán alusión entre outros aspectos ao volume de recursos externos captados durante o pasado ano pola USC, á súa evolución nos últimos anos, á distribución deste recursos por áreas de coñecemento, á transferencia de resultados de investigación e ao emprendemento ou a posición da USC neste eido no ámbito español.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2008.