Ir o contido principal

Presentación dos resultados de investigación da USC correspondentes a 2008

Os principais indicadores da actividade investigadora da USC durante o pasado ano 2008 presentaranse este martes 2 de xuño no transcurso dunha rolda de prensa na que intervirán o reitor compostelán, Senén Barro, e a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso. A presentación terá lugar ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Entre outros aspectos, Barro referirase ao volume de recursos externos captados durante o pasado ano pola USC, á súa evolución nos últimos anos, á distribución deste recursos por áreas de coñecemento, á transferencia de resultados de investigación e ao emprendemento ou a posición da USC neste eido no ámbito español.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2009.