Presentación en Xeografía e Historia dun libro homenaxe á investigadora Rita Martín Sánchez
A USC acaba de editar Papeles de cine, obra que recolle os traballos realizados pola investigadora Rita Martín Sánchez, colaboradora durante máis de vinte anos do Seminario de Historia do Cine do Departamento de Historia da Arte e que faleceu hai dous anos. O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, presidirá este martes 25 a presentación do volume nun acto que comezará ás 13.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Na presentación participarán ademais os encargados de compilar os textos presentados no libro, os profesores Luis Hueso, José Mª Folgar e Isabel Sempere. Os traballos amosan as inquedanzas de Rita Martín por diversos temas relacionados coa historia do cine e, en concreto, co desenvolvemento desta arte en Galicia ao longo do pasado século XX.