Ir o contido principal

Presentación do XI Congreso Internacional da Asociación Española de Enxeñaría de Proxectos

A Escola Politécnica Superior presenta este mércores, día 19, o XI Congreso Internacional de Enxeñaría de Proxectos, que se celebrará do 26 ao 28 de setembro no centro lugués.
Asistirán ao acto, que terá lugar na Sala de Xuntas da Escola ás 11:00 horas, o director da EPS, Javier Bueno Lema; o director do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, Juan Gabriel Álvarez; e o profesor de Proxectos da EPS e presidente do comité organizador do evento, Manuel Marey.
O congreso, organizado polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal da EPS, a Asociación Española de Enxeñaría de Proxectos e o Consello de Colexios de Enxeñeiros Industriais, pretende ser un punto de encontro e intercambio de ideas, traballos e experiencias entre os grupos de técnicos e investigadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2007.