Ir o contido principal

Presentación do XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC

Achegar a danza universitaria á cidade saíndo ao encontro dos espectadores e favorecendo actividades comúns a este colectivo artístico é o obxectivo do XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC. Os detalles desta nova convocatoria do Encontro presentaranos en rolda de prensa o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o director do Espazo de Danza Universitario da Universidade de Santiago, Juan Carlos Zahera. A cita cos medios de comunicación será este xoves 11 na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca a partir das 11.00 horas. Participarán un total de oito compañías de toda Galicia, así como de Barcelona e Portugal. Ao programa de actuacións, que se desenvolverá o luns 15 e o martes 16 no Teatro Principal ás 21.00 horas, engádense unha performance de danzaterapia e un programa de ‘Pezas Curtas’ para amosar en formato breve as producións coreográficas das distintas compañías participantes no encontro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2013.