Ir o contido principal

Presentación da XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Doce compañías participan este ano na XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia que se desenvolverá no Teatro Principal e no Salón Teatro de Santiago entre os días 23 de maio e 1 de xuño. A programación e os detalles da mostra presentaranos o mércores 18, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; o responsable da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro; e o director da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2011.