Presentación da XIII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades, que ten lugar esta semana en Santiago
O Grupo Compostela de Universidades celebrará a súa XIII Asemblea Xeral os vindeiros días 20 e 21 de setembro en Santiago nunhas sesións nas que se analizará polo miúdo a traxectoria dos universitarios dende antes de acceder á carreira ata o seu papel de egresados.
Os detalles desta convocatoria do Grupo, que deberá elixir ao novo presidente, presentaranse este mércores, día 19, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nun acto que contará coa participación do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; o presidente do Grupo Compostela que este venres deixa o cargo, Michael Cooper; e a secretaria executiva do Grupo, Beatriz Iglesias.