Ir o contido principal

Presentación das xornadas de formación ‘Gandería ecolóxica, unha alternativa de futuro’ na Vicerreitoría de Lugo

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este mércores 17 de setembro, a partir das 11.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, as xornadas ‘Gandería Ecolóxica, unha alternativa de futuro’, organizadas pola USC en colaboración coa empresa XAN Galicia e a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE).

A profesora do Departamento de Patoloxía Animal da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo Marta López Alonso; o responsable da empresa XAN Galicia, Y Pouliquen, e o tamén profesor da USC e vogal da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, Xan Neira, tamén intervirán na presentación destes seminarios formativos e de reflexión que se desenvolverán do 17 ao 19 de outubro no salón de actos da Facultade de Veterinaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2014.