Ir o contido principal

Presentación do XV Festival Internacional de Teatro Universitario

O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, presidirá este mércores 11, ás 11:30 horas, a presentación da edición número quince do Festival Internacional de Teatro Universitario de Lugo, que se celebrará na cidade do 24 ao 30 de marzo.
Nesta presentación, que se celebrará na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Elías Torres estará acompañado por representantes das outras entidades (o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia) que conforman o Convenio Lugo Cultural, organizador do evento.
Ao acto tamén asistirán dous dos compoñentes do grupo Ophiusa, Ramón Feáns e Paulo Gacio, para falaren do seu primeiro disco, ‘Paos’, que presentarán en concerto o xoves 12, dentro ciclo Lubicán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2009.